A pesar de que a ruta entre A Coruña e Compostela é menor de 100 km, o cabido compostelán concedeu en decembro de 2016 a posibilidade de recibir a Compostela aos peregrinos que realicen este percorrido.[3][4]
A continuación atravesa o concello de Culleredo polo paseo marítimo do Burgo, pasando polos muíños de Acea de Ama ata a igrexa de Santiago, preto da ponte do Burgo[6]. Bordea logo o castro de Alvedro e cruza o río Valiñas pola ponte da Xira.[7] Segue logo ata o antigo cruceiro de Sigrás e diríxese ao peto de ánimas de santo Antón e á igrexa de Santiago, onde existía un hospital de peregrinos, hoxe casa reitoral.
Continúa bordeando os pazos de Loriga, Drozo e Anceis para entrar no concello de Carral,[8] onde se atopa o albergue de Sergude, inaugurado no 2014.[9] Despois de cruzar Sarandós únese ao camiño que procede de Ferrol nas Travesas.[10]