Sigüeiro é unha vila da parroquia de Oroso, no concello coruñés de Oroso. Segundo o IGE en 2018 tiña 3.845 habitantes (1.921 homes e 1.924 mulleres)[1]. É a capital administrativa do concello.
Historia
Ata o ano 2005 existían oficialmente dous lugares co nome de Sigüeiro nos concellos de Oroso e Santiago de Compostela. O Decreto 25/2005 do 3 de febreiro (DOG nº 34 do 18 de febreiro)[2] incorporou o lugar do concello de Santiago ao concello de Oroso xa que, como se recolle en dito decreto, "na actualidade Sigüeiro configúrase como un único núcleo urbano, integrado por Sigüeiro de Oroso e Sigüeiro de Santiago de Compostela". Porén, no Nomenclátor de Galicia seguen a aparecer en 2015 ambos os lugares en cadanseu concello, feito que está en contradición co Decreto anteriormente nomeado.
Sigüeiro pertence á parroquia da Barciela cuxo territorio se reparte entre os concellos de Oroso e Santiago de Compostela.
↑O número total de habitantes é a suma dos correspondentes aos dous lugares que aparecen no nomenclátor do IGE con este nome nos concellos de Oroso e Santiago de Compostela. Véxase: IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2014. Busca por entidades". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2021. Consultado o 28 de abril de 2021.