Nace preto do lugar de Vista Alegre, no concello da Laracha.[1] Logo transcorre polo concello de Culleredo, onde forma o Val de Veiga, e Cambre, formando linde entre os dous ata desembocar no río Mero, na Telva,[1] xa practicamente na ría do Burgo. Na parroquia de Veiga, no concello de Culleredo, únese coas augas de dous regatos procedentes da zona do monte Xalo, o rego do Castelo e o rego da Cruz[2], co que forman un caudal considerable.
No seu curso baixo está moi contaminado por motivo da industria construída na súa ribeira e da poboación existente nas inmediacións. No curso medio, e máis ben no curso alto ten unhas condicións non tan degradadas, pero segue recibindo contaminación procedente do mal saneamento dos lugares que están ó seu carón, como por exemplo en Ledoño e Sésamo.[Cómpre referencia]