- Esta páxina trata dunha parroquia de Galicia, para a planta véxase Sésamo.
San Martiño de Sésamo[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Culleredo embaixo do monte de San Cosme e forma parte do Val de Veiga. Segundo o IGE en 2016 tiña 548 habitantes (290 homes e 258 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 449 habitantes.
Xeografía
Na actualidade é unha das parroquias mellor comunicadas pois alí converxen a saída da autovía e a terceira rolda.
A parroquia conta cunha escola infantil no lugar de Silvar, catro bares, un antigo campo de fútbol que era propiedade do cura e que doou ao pobo, posteriormente remodelado polo Concello que lle puxo pistas de fútbol e baloncesto, unha pista de área para o fútbol, novos vestiarios e unha pista para xogar ao paredón. Tamén está situado aquí o punto limpo.
Festas
A finais de xullo e principios de agosto é cando se abre a Ermida de San Cosme de Sésamo do século X. Alí celébranse as festas na honra da Virxe do Carme e os Santos Cosme e Damián.
Galería de imaxes
-
Ventá absidial da ermida románica de San Cosme
-
Canzorros da ermida románica de San Cosme
-
Cruceiro diante da ermida románica de San Cosme
Lugares e parroquias
Lugares de Sésamo
Parroquias de Culleredo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos