San Pedro de Cambás [ 1] é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos . Segundo o IGE en 2018 tiña 401 habitantes (205 mulleres e 196 homes) distribuídos en 38 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 470 habitantes.
Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Pruzos .[ 2]
Cambás no Catastro de Ensenada (1752 ).
Cambás no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1846 ).[ 3]
Xeografía
A parroquia de Cambás ten unha superficie de 27,92 km² e 38 núcleos de poboación.[ 5]
Situación
Está situada no nordeste do concello de Aranga e no sur do arciprestado de Pruzos .
Limita ó norte coa parroquia do Val de Xestoso (do concello de Monfero ), ó noroeste coa de Verís (Irixoa ), ó suroeste e sur coa de Aranga e ó leste e nordeste coas dos Vilares , o Buriz e Labrada do concello de Guitiriz .
Demografía
Século XVIII
Século XIX
Expediente de alistamento militar do arquivo de Betanzos Dicionarios xeográficos Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC) Censos (poboación de feito )
Século XX
Censos (poboación de feito ) Padrón municipal
Século XXI
Etnografía
Cambás na cultura popular
En Cambás témo-la fama dos homes mais valentós, / en Cambás témo-la fama dos homes mais valentós, / dos homes mais valentós, / unhos cantan e outros choran, e outros retrincan os dentes .[ 20]
Muniferral e Feás, Verís e Cambás, todos xuntos non valen cen reás .[ 21]
Os de Feás matan a besta, / os de Coruxou cómena fresca, / Churio, Muniferral e Cambás / non valen cen reás .[ 21]
Tamén existen varias lendas sobre o personaxe histórico e mitolóxico de Roldán . Cóntase que a gran pegada gravada no afloramento rochoso cabo da ermida de San Vitorio foi deixada por Roldán ao baixar do cabalo naquel lugar sagrado. Outras versións din que pisou no penedo e achancou, quer até a Pena Ferreira, monte afastado da parroquia,[ 22] quer até Os Vilares (Guitiriz ), onde habería outra pegada semellante.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Cambás
Parroquias de Aranga
Notas
↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
↑ "Arciprestado de Pruzos" . Arquidiocese de Santiago de Compostela . Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2018. Consultado o 8.12.2018 .
↑ 3,0 3,1 Madoz , Pascual (1846). Cambas (San Pedro de) . Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán ) V (Madrid ). p. 334.
↑ "Nomenclátor de Galicia: Cambás (San Pedro)" . Xunta de Galicia . Consultado o 8.12.2018 .
↑ Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán ) . II: Nomenclatores. Madrid : INE . 2016 [1993]. p. 129. ISBN 978-84-260-2716-0 .
↑ Censo de Aranda (PDF) (en castelán ) . IX: Diócesis de Santiago, Segorbe y Segovia. Madrid : INE . 2013 [2011]. p. 94. ISBN 978-84-260-3760-2 .
↑ Censo de 1787 “Floridablanca” (PDF) (en castelán ) . IV: Comunidades autónomas del Norte Atlántico. Madrid : INE . 2016 [1990]. p. 3840. ISBN 978-84-260-1970-7 .
↑ Erias Martínez , Alfredo ; González Fernández , Juan Miguel (1989). "O marco xurisdiccional na antiga provincia de Betanzos" (PDF) . Anuario Brigantino . 12. Betanzos . p. 37. ISBN 84-505-9464-2 .
↑ Miñano , Sebastián (1826). Cambas (San Pedro de) . Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal (en castelán ) II (Madrid ). p. 283.
↑ Fariña Jamardo , Xosé (1990). Os concellos galegos . Parte Xeral. Fundación Barrié . p. 145. ISBN 978-84-87819-06-3 .
↑ Nomenclátor de los pueblos de España (en castelán ) . Madrid . 1858. p. 250.
↑ Nomenclátor estadístico de las parroquias que componen la provincia de La Coruña (en castelán ) . A Coruña . 1863. pp. 12–13. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 16 de novembro de 2018 .
↑ "Provincia de La Coruña". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán ) . III: Ciudad Real á Gerona. Madrid . 1892. p. 11.
↑ 15,00 15,01 15,02 15,03 15,04 15,05 15,06 15,07 15,08 15,09 Pazo Labrador , Alberto Xosé; Santos Solla , Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos . Santiago de Compostela : Xunta de Galicia . p. 31. ISBN 978-84-605-3156-2 .
↑ Torres Luna , María Pilar de ; Pérez Fariña , María Luisa; Santos Solla , Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán ) . Universidade de Santiago de Compostela . p. 24. ISBN 978-84-7191-529-0 .
↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999" (XLS) . Instituto Galego de Estatística (IGE) .
↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000" (XLS) . Instituto Galego de Estatística (IGE) .
↑ Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001" (XLS) ; "2002" (XLS) ; "2003" (XLS) ; "2004" (XLS) ; "2005" (XLS) ; "2006" (XLS) ; "2007" (XLS) ; "2008" (XLS) ; "2009" (XLS) ; "2010" (XLS) ; "2011" (XLS) ; "2012" (XLS) ; "2013" (XLS) ; "2014" (XLS) ; "2015" (XLS) ; "2016" (XLS) e "2017" (XLS) . Instituto Galego de Estatística (IGE).
↑ Ferro Ruibal , Xesús (2010). "Dentes e moas na fraseoloxía galega" (PDF) . Cadernos de Fraseoloxía Galega (Santiago de Compostela : Centro Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia ) (12): 83. ISSN 1698-7861 .
↑ 21,0 21,1 "Lugar de referencia: Aranga" . Portal de ditados tópicos galegos .
↑ Souto Ares , Francisco (2010). "San Vitorio e o xigante Roldán (Cambás)(Aranga)(A Coruña)" . Etnografía (Lugo) (2). ISSN 1989-8541 . Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2021. Consultado o 31 de outubro de 2021 .
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos