Call of Duty: Modern Warfare 2, tamén denominado Modern Wafare 2 é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty. Programado por Infinity Ward e distribuído por Activision, foi lanzado en novembro de 2009 para PC Windows, Xbox 360 e Playstation 3. Segue a liña argumental iniciada por Call of Duty 4: Modern Warfare.
Argumento
Continúa a historia de Call of Duty 4: Modern Warfare, xogo co que comparte numerosas personaxes. A acción comeza en Afganistán, onde as forzas especiais estadounidenses e británicas combaten contra insurxentes. A partir de entón, sucédense varios actos terroristas por Europa, instigados polas forzas ultranacionalistas rusas.
Estilo de xogo
Segue a liña dos seus predecesores, un FPS (first person shooter), con modo campaña para un xogador, e con varias personaxes máis controladas pola máquina. Tamén contén un modo multixogador en liña e unha serie de misións especiais a modo de extra. O armamento presentado é real, incluíndo rifles de asalto, escopetas, pistolas e granadas. Non obstante, varios críticos afirmaron del que era demasiado parecido a Call of Duty 4: Modern Warfare, tamén programado por Infinity Ward [1][2].
Recepción e crítica
O xogo contou dende o principio cunha grande expectación. Modern Warfare 2 obtivo moi boas cualificacións que acadaron segundo Metacritic un 94 en PS3 [3], un 94 en Xbox 360 [4] e un 86 en PC [5].
Vendas
Rapidamente, Modern Warfare 2 converteuse nun dos videoxogos máis rapidamente vendidos da historia, acadando as 7 millóns de copias nun só día[6]. A versión de Xbox 360 foi a máis vendida, superando os 10 millóns de exemplares [7]. A versión de PS3 vendeu aproximadamente 7 millóns de copias [8].
Notas