O califato fatimí (tamén califato de Exipto[1] ou Imperio fatimí; árabe: الفاطميونal-Fāṭimiyyūn)[2] foi o cuarto califato islámico, o único xiíta de toda a historia —ismailita, concretamente—.[1] Dominou o norte de África desde o ano 909 ao 1171. Inicialmente establecida en Tunes, a dinastía controlou a costa mediterránea de África e converteu Exipto no centro do seu califato na segunda metade do século x. No seu apoxeo, o califato incluía, ademais de Exipto, parte do Magreb, o Sudán, Sicilia, o Levante mediterráneo e a rexión de Hiyaz.
Historia
Orixes: a rebelión dos fatimís
A ideoloxía relixiosa do califato fatimí tivo a súa orixe nun movemento xiítaismailita.[3] O xurdimento da dinastía debeuse ao éxito da prédica dun proselitista xiíta a finais do século IX, Abu Abd Allah, que se estableceu entre os bérbereskutama no ano 893, a algúns dos cales coñecera na Meca.[4][3] Os kutama, monteñeses da Pequena Cabilia,[3] foron o núcleo das primeiras forzas militares fatimís, e o sostén da dinastía ata a súa desaparición.[5][6]
Os fatimís afirmaban descender da filla do profetaMahoma, Fátima e do seu primo, xenro e cuarto califa do islam, Alí.[7] Tanto pola súa ascendencia como por graza divina, proclamaban ser imáns, gobernantes infalibles guiados por Alá.[7] Como tales, pretendían acabar coa dinastía abbásida,[8] á que tachaban de impostora e de querer impoñer a súa autoridade ao mundo enteiro.[7] Eran tamén inimigos dos omeias, que reinaban aínda na Península Ibérica.[9]
Alxeria produciu a dinastía nativa dos fatimís, entre a tribo dos kutama, no 899Abdullah al-Mahdi Billah, o décimo primeiro imán, converteuse no caudillo do movemento. Os seus partidarios, comezaron por debilitar o decadente emirato aglabí no 893.[7] Ese ano o propagandista xiíta Abu Abd Allah asentouse entre os kutamas na vila de Ikchan, onde apenas se recoñecía xa a autoridade dos aglabíes.[3] Al-Mahdi obtivo o apoio de Abu Abdallah al-Chií.[4] Os kutamas se xactaban do seu país, situado no oeste de Ifriqiya (hoxe parte de Alxeria), da súa hostilidade cara aos abbásidas e da súa total independencia dos emires aglabíes. Os campesiños bérberes, que foran oprimidos durante décadas polo corrupto goberno aglabí, mostraron ser unha base perfecta para a sedición.[4] Al-Chií alzou a Pequena Cabilia contra os aglabíes aos poucos anos de comezar a súa prédica.[3] Enseguida, comezou a conquista de cidades da rexión, ao derrotar ás forzas aglabíes: primeiro Mila, a continuación, Sétif, Kairuán (marzo do 909), e finalmente Raqqada, a capital aglabí.[4][7][3] As antigas fortalezas bizantinas de Tobna, Belezna, Bagay e Tebessa, que debían protexer a Ifriqiya do avance fatimí, non puideron impedir a conquista.[3]
Abu Abd Allah chamou a Ubaid Allah tras as primeiras vitorias sobre os aglabíes.[8] Este abandonou o Oriente Próximo e cruzou Exipto, Libia e Ifriqiya e no canto de reunirse con Abu Abd Allah, foi a Siyilmasa, capital do señorío midrarí dos oasis de Tafilete.[8] Comezou a facer proselitismo co pretexto de ser un comerciante, pero foi encarcerado o emir, que o considerou subversivo.[8] Ubaid Allah e o seu fillo fixeran o seu camiño a Siyilmasa, fuxindo da persecución dos abasis, que atoparon as súas crenzas ismailíes non só pouco ortodoxas, senón tamén unha ameaza para a situación do seu califato. Segundo a lenda, Ubaid Allah e o seu fillo estaban a cumprir unha profecía de que o Mahdi viría de Mesopotamia a Siyilmasa.
Al-Chií enviou un exército cara ao oeste, apoderouse da capital rustumí de Tiaret e logo de Siyilmasa, onde se achaba cativo Ubayd Allah.[4][8] O señor midrarí de Siyilmasa foi vencido diante das murallas da súa cidade.[8] Despois de obter a liberdade, Ubaid Allah converteuse no caudillo do novo Estado e asumiu o cargo de imán e califa en Kairuán o 5[nota 1] de xaneiro do 910 e proclamouse mahdi.[4][10][nota 2] Mentres, a poboación de Siyilmasa asasinou á gornición kutama que quedara para gardar a cidade e devolveu o poder aos midraríes.[8]
Notas
↑Segundo Lev, en Raqqada o 15 de xaneiro do 910.[7] Segundo Lévi Provençal, a proclamación como califa e mahdi fíxose no mesmo campo de batalla ás portas de Siyilmasa, tras a liberación do imán.[8]
↑O mahdi é unha especie de mesías musulmán, un enviado divino que, o final dos tempos, restablecera a xustiza.[7]
Lévi Provençal, Évariste (1957). Historia de España: España musulmana hasta la caída del califato de Córdoba: 711-1031 de J.C. Tomo IV. Espasa-Calpe. Edición de Ramón Menéndez Pidal & Leopoldo Torres-Balbás. Traducción de Emilio García Gómez. ISBN9788423948000.