Unha caldeira de calefacción consta dun fogar, onde se queima o combustible, e un intercambiador onde a calor producida pola combustión transmítese ao fluído caloportador, que o leva aos emisores ou elementos terminais. Cando é necesario o uso dun queimador (para combustibles fluídos), o conxunto de caldeira e queimador chámase xerador.
Clasificación
As caldeiras clasifícanse en varios tipo segundo as seguintes características:
A súa colocación: mural ou de pé.
A xestión de produtos de combustión: tiro natural ou de tiro forzado.
A xestión do comburente: cámara estanca ou aberta.
Rendemento enerxético: estándar, de baixa temperatura ou de condensación.
Combustible utilizado: biomasa, carbón, gasóleo C ou butano, propano e gas natural.
Servizo: só calefacción, auga quente sanitaria ou os dous servizos (mixta).
Fluído caloportador: auga, auga sobrequentada ou vapor.
Sistemas de acumulación
Para grandes demandas de auga quente sanitaria utilízanse caldeiras con interacumulador ou cun depósito incorporado como por exemplo o Termoacumulador de gas.