Un caderno de campo ou diario de campo é unha ferramenta usada por investigadores de varias áreas para faceren anotacións cando executan traballos de campo. É un exemplo clásico de fonte primaria.
Tras servir para a elaboración de investigacións, os cadernos de campo transfórmanse en documentos, xeralmente presentes nos arquivos persoais dos académicos e, dependendo do valor histórico das súas obras, poden pasar a integrar arquivos públicos.
Estudos de embrións (1510–1513) nos que Leonardo da Vinci recolle as súas observacións
Anotacións xeolóxicas nun caderno de campo.
Páxina do cadeno de campo de Robert Henry Gibbs
Caderno do xeólogo Samuel Ward Loper, 1901
Folla de caderno feita a base de esbozos. Os pormenores anatómicos foron engadidos como etiquetas
Esbozo dunha árbore evolutiva na páxina 36 do "diario B" de Charles Darwin
Autores relevantes
Os cadernos tamén son usados para facer bosquexos de debuxo, xeralmente a man alzada. En ocasións a liña entre caderno de campo, caderno de artista e caderno de laboratorio e mesmo caderno de bitácora é difusa. Algúns exemplos de autores relvantes son:
Os debuxos realizados polo sueco Sven Hedin nas súas viaxes por Asia.