As cruces de pedra na Bretaña é un estudo histórico e descritivo dos cruceiros na Bretañafrancesa publicado por Castelao en 1930, como documentación previa para outro traballo similar que estaba preparando sobre os cruceiros galegos, As cruces de pedra na Galiza.
Segundo di o propio Castelao, para entendermos os cruceiros galegos cumpría coñecer previamente os bretóns, tan imitantes dos galegos. No limiar do libro escribe:
"Dende fai bastantes anos veño recollendo materiales para un próisimo libro en col dos cruceiros galegos, cavilando sempre nun lonxano estudo comparativo das cruces de pedra dos Fisterres, que virá cando se coñezan ben por separado. Non se podería falar dos nosos cruceiros sen ter visitado primeiramente a Bretaña, e alá fun"
Valentín Paz Andrade realizara en 1927 unha viaxe por aquelas terras e observou as similitudes advertindo diso a Castelao, quen levaba estudando esta manifestación artística en Galicia desde principios dos anos vinte.
O texto divídese en cinco capítulos, comezando polas cruces primitivas (que data xa no século V) e os megálitos cristianizados ata rematar na descrición pormenorizada dos calvarios, coa representación de numerosas escenas e, algúns deles, con centos de figuras, como o de Guimiliau, que cualifica como o máis interesante e máis instrutivo; ou o de Pleyben, do que di que é o mellor de todos, o máis acertado e o máis artístico. As descricións dos cruceiros complétanse cun total de 151 debuxos, de conxunto e de detalle, e 12 fotografías.
Á marxe do propio libro, a viaxe de Castelao deu pé a un longo artigo, co título Sant-iago na Bretaña, que publicou na revista Nós o 25 de xullo de 1929 (nº 67) e o mesmo día de 1930 (nº 79), incluíndo a tradución dun romance bretón titulado Don Xoán Derrién.[2]
Notas
↑Monteagudo escribe que "No fondo, seguramente o que pretendía [Castelao] era mudar de aires e ausentarse por un tempo da cidade que vería naqueles tempos tinxida de tristura.
↑Esta é a única tradución de Castelao dun texto completo ó galego.
Véxase tamén
Bibliografía
Castelao: As cruces de pedra na Bretaña, Edicións Castrelos, Vigo 1974.
Enciclopedia Galega Universal s. v. "As cruces de pedra na Bretaña". Ir Indo, Vigo 1999.
Henrique Monteagudo (coord.): Obras [Castelao]. Galaxia, Vigo 2000.