A cabra galega é unha raza de cabras de orixe galega. No ano 2017, o número total de exemplares era de 1013 (778 femias e 62 machos) distribuídos en 59 explotacións gandeiras.[1] Son animais moi adaptados ó medio e, segundo o Invesaga (Investigación en Sanidade Animal de Galicia) presentan máis resistencia ás infeccións que outras razas caprinas, como o parasito do verme hepático.[2]
Distribución xeográfica
En xeral, os exemplares da raza caprina galega atópanse dispersos nas zonas de montaña, principalmente, das provincias de Lugo e Ourense.
Morfoloxía
As cabras galegas son animais de perfil recto ou subcóncavo, eumétricos, e de gran dimorfismo sexual. A súa capa é uniforme, de cor caoba ou rubia con distintas tonalidades, e considérase descalificante para a raza a presenza de manchas brancas. A forma dos cornos das femias son de arco cara a atrás. Nacen separados e médranlles paralelos. Nos machos son en forma de caracol, alongados e de maior tamaño que os das femias.
Os machos teñen barba ou perilla, e en ocasións tamén aparece de forma rudimentaria nas femias. Os machos son meirandes que as femias, acadando estes primeiros unha altura ata a cruz de 75 cm e pesando 70 quilos de media. As femias teñen unha altura de 65 cm e pesan arredor de 55 quilos.
Evolución da poboación
Ano
|
Femias
|
Machos
|
Total
|
Ganderías
|
2010
|
271
|
24
|
295
|
43
|
2011
|
410
|
55
|
465
|
59
|
2012
|
514
|
108
|
622
|
64
|
2013
|
645
|
114
|
759
|
68
|
2014
|
704
|
110
|
814
|
68
|
2015
|
775
|
109
|
884
|
66
|
2016
|
929
|
146
|
1 075
|
69
|
2017
|
914
|
99
|
1 013
|
59
|
2018
|
1 047
|
114
|
1 161
|
58
|
2019
|
1 108
|
131
|
1 239
|
60
|
2020
|
1 161
|
166
|
1 327
|
60
|
2021
|
1 156
|
173
|
1 329
|
60
|
2022
|
1 163
|
179
|
1 342
|
55
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas