Corno

Corno
Erkencho, instrumento musical

Os cornos, ou hastas, son apéndices da cabeza dalgúns mamíferos ruminantes. Poden ter forma aguzada, como no boi, poden ser pequenos e cubertos de pel, como na xirafa, ou ser ramificados, como no alce.

Características

Nos animais da orde Artiodactyla, á cal pertencen o boi, a cabra e os antílopes, os cornos son óseos e crecen sobre o frontal; na xirafa son tamén óseos, mais cunha estrutura distinta, constituídos por ossicones; nos rinocerontes, os cornos son de orixe dérmica, sen un núcleo e están colocados sobre os osos nasal ou frontal, en posición media.

Varios outros grupos de animais posúen apéndices na cabeza, como as antenas dos artrópodos, que por veces, principalmente cando son fortes, son chamados cornos na lingua común. O mesmo aplícase, no caso dos moluscos, aos cornos dos caracois.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas