Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O cabalo de raza árabe (en árabe: لحصان العربي) é unha raza de cabalo que debe a súa reputación á súa intelixencia, carácter forte e resistencia sobresaliente. Cunha cabeza característica e a cola sempre no alto, o cabalo árabe é unha das razas de cabalos mellor recoñecidas no mundo.
É unha das razas de cabalo máis antigas, xa que hai evidencia arqueolóxicas de hai 3.500 anos[1] de cabalos moi semellantes ós árabes modernos. No transcurso da historia, os cabalos árabes do Oriente Medio espalláronse polo mundo grazas ó comercio e as guerras. Tamén foron moi empregar para mellorar outras razas ó engadir velocidade, refinamento, resistencia e boa estrutura ósea. Hoxe en día, as liñas árabes pódense atopar en case cada raza moderna de cabalos para montar.
Os cabalos árabes desenvolvéronse nun clima desértico e eran valorados polos nómades beduínos,[2][3] quen frecuentemente os aloxaban dentro das súas tendas para cubrilos e protexelos.[4] Esta relación próxima cos humanos creou unha raza de cabalo con boa disposición, rápido para aprender, e disposto a compracer. Pero o cabalo árabe tamén desenvolveu o carácter forte e o estado alerta necesario nun cabalo usado para os asaltos das guerras. Esta combinación de disposición e sensibilidade require que os donos modernos de cabalos árabes traten os seus cabalos con respecto e moita habilidade.[5]
"O polifacético árabe" é o lema da raza. Os cabalos árabes compiten hoxe en moitos campos de actividade ecuestres, o que os fai unha das 10 razas de cabalo máis populares no mundo e á súa vez o equino coas mellores características físicas do mundo. Os cabalos árabes hoxe pódense atopar en todo o mundo, incluíndo Polonia, os Estados Unidos, o Canadá, o Reino Unido, Australia, República Dominicana, Europa continental, Suramérica (especialmente no Brasil), e na súa terra de orixe, o Oriente Medio.
Archer, Rosemary (1992). The Arabian Horse. Allen Breed Series. Londres: J. A. Allen. ISBN978-0-85131-549-2.
Archer, Rosemary, Colin Pearson e Cecil Covey. (1978). The Crabbet Arabian Stud: Its History and Influence. Northleach. Gloucestershire: Alexander Heriot & Co. Ltd. ISBN978-0-906382-00-4.
Upton, Peter e Amirsadeghi, Hossein (editor), Rik van Lent, photographer. (2006) [1998]. Arabians. Lincoln: First Chronicle Books. ISBN978-0-8118-5401-6.