Cañete é un municipio, unha cidade e unha comuna da provincia de Arauco na Rexión de Biobío, Chile. Segundo o censo INE de 2002 a comuna tiña un total de 31.270 habitantes, unha área é de 760,4 km2 e unha densidade de poboación de 41,12 hab/km². Sitúase na altitude de 80 metros sobre o nivel do mar. O xentilicio da comuna é cañetino/a.
A cidade atópase a uns 635 km ao sur de Santiago, e uns 135 km ao sur da cidade de Concepción. En termos históricos, en torno á cidade desenvolveuse a Batalla de Tucapel e ocorreu a posterior morte de Pedro de Valdivia.