Empregouse ao longo da historia para colorear, por exemplo, partes do corpo; pero o seu uso máis estendido foi o de colorante de téxtil. Emprégase para tinguir algodón, la, seda, coiro, papel, lacas, verniz, ceras etc. Tamén se emprega como colorante alimentario para o arroz, carne e pratos preparados de orixe hindú, pois é deste país onde o seu uso é máis común.
Uso medicinal
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
En medicina - sobre todo a Ayurvédica - ten amplo uso contra a hepatite A, B e outras hepatites, en casos de trombocitopenia (plaquetas baixas), como regulador da inmumidade e coadxuvante en inmunodeficiencias, incluídas certas formas de cancro como o carcinoma de mama e o hepatocarcinoma.