Bérénice Bejo, nada o 7 de xullo de 1976 en Buenos Aires, é unha humorista e actriz de cine francesa. É coñecida por interpretar a "Christiana" no filme A Knight's Tale no ano 2001.
Traxectoria
Bejo é filla do director de cine arxentino Miguel Bejo. Á idade de tres anos mudouse a Francia, onde comezou a súa carreira como actriz.
No 2001, irrompeu na gran pantalla estadounidense coa súa interpretación en Destino de cabaleiro, e no 2002 con 24 Hours in the Life of a Woman.[1] Ela foi elixida para protagonizar o suspense psicolóxico francés Proie.[2]
Vida persoal
No 2002 apoiou a candidatura presidencial de Lionel Jospin.
Está casada co director de cine Michel Hazanavicius.
Filmografía parcial
Notas
Véxase tamén