Buxía

Buxía
Buxía.

Unha buxía é un dispositivo que ao serlle aplicada unha grande diferenza de potencial (da orde dos 20 mil Volts) produce unha faísca, que provoca a inflamación dunha mestura combustíbel nun motor a explosión.

Funcionamento

Ao circular corrente pola bobina de acendido (unha especie de autotransformador) prodúcese unha diferenza de potencial de varios miles de voltios entre os eléctrodos, até que se chega ao punto en que se rompe a rixidez dieléctrica dos gases na cámara de combustión e se produce unha faísca. Esta descarga eléctrica acende os gases e dá comezo á combustión.

Buxía, Museum Autovision, Altlußheim
Buxía, Museum Autovision, Altlußheim