Un motor de combustión é unha máquina que produce un traballo (tipicamente un movemento) mediante a enerxía proporcionada por un combustíbel. Dependendo de se a combustión é interna ou externa ao motor falarase de motores de combustión interna ou motores de combustión externa.
Clasificación dos motores de combustión
Para a clasificación dos motores térmicos, téñense en consideración dous aspectos adicionais:
- Se o fluído é condensable (auga) ou non condensable (aire).
- Se o proceso de combustión é externo ou interno.
Motores de combustión interna
Motores de combustión externa
Se a combustión é externa, a calor da combustión transfírese ó fluído a través dunha parede, por exemplo nun intercambiador de calor. Este tipo de máquinas non esixe un proceso de combustión, como sucede nas instalacións nucleares, se ben adoita ser o procedemento típico. Dado que o fluído motor non sofre degradación ningunha, estas máquinas poden ser de ciclo pechado, que é o que actualmente se prefire por razóns económicas.
Motores de combustión externa
|
- NOTA: Os motores volumétricos rotativos e de reacción non foron desenvolvidos.