Fillo dunha artista circense, comeza a traballa en teatros, e co seu irmán Harry tenta organizar unha cadea de teatros, que resultou un fracaso e comeza a interpretar a personaxes serios en dúos cómicos.
En 1931 coñece a Costello e comezan a actuar xuntos, acadando un grande éxito nas súas actuacións na radio en 1938. En 1940 protagonizaron o seu primeiro filme, One Night in the Tropics. Durante a segunda guerra mundial, Abbott foi alcalde de Sherman Oaks (California). En 1957 a parella artística separouse, Abbott formou unha nova parella con Candy Candido, pero non tivo éxito