Boril de Bulgaria

Modelo:BiografíaBoril de Bulgaria

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
MorteDespois de 1217 Editar o valor en Wikidata
15º Tsar de Bulgaria
1207 – 1218
← Kaloyan da Bulgária (pt) TraducirJoão Asen II da Bulgária (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastia Asen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAnna (Anisia) Editar o valor en Wikidata
PaisHenrith I (?) Editar o valor en Wikidata  e Maria (?) Editar o valor en Wikidata
IrmánsStrez Editar o valor en Wikidata
ParentesKaloyan da Bulgária, tío materno Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Boril (en búlgaro: Борил) reinou como emperador de Bulgaria desde 1207 até 1218. Era o fillo dunha irmá de nome descoñecido do seu predecesor Kaloyan.

Traxectoria

Ascenso ao trono

Non está claro se Boril participou no asasinato de Kaloyan diante dos muros de Tesalónica en 1207, pero os herdeiros do falecido, os seus curmáns Iván Asen e Alexandre, fuxiron do país coa ascensión de Boril ao trono, primeiro a refuxiarse cos cumanos e máis tarde en Galitzia[1]. Boril casou coa viúva de Kaloyan, unha princesa cumana cuxo nome se descoñece pois non se rexistra nos documentos, a menos que fose a Ana (a monxa Anisija) mencionada no Sínodo da Igrexa búlgara.

Continuas rebelións e inestabilidade

Bulgaria baixo o reinado de Boril.

O intento de Boril de proseguir coa política exterior de Kaloyan resultou errado. Desde o comezo do seu reinado, os membros da súa familia opuxéronselle. O seu irmán Strez, asistido polo gran zupan serbio Stefan Nemanjić, apoderouse da fortaleza de Prosek, desde a cal acometeu campañas en Macedonia. O primo e aristócrata de Boril, Aleixo Slav declarouse independente, e estableceuse na rexión de Pirin, coa cidade de Melnik como capital. Para empeorar a situación, o emperador latino Henrique de Flandres derrotou a Boril en Plovdiv en 1208, a pesar da vitoria obtida na anterior batalla de Boruy[2]. Así, o norte de Tracia e as fortalezas en Ródope caeron en mans latinas[3].

Xa sexa como consecuencia dun conflito militar ou como resultado directo das negociacións de paz, en 1209 a corte outorgoulle a Strez o título de sebastocrátor (un grao inferior ao de déspota), o que fixo del un aliado de Boril até a súa morte en 1214[4]. Mentres tanto, Boril atopou resistencia interna na nova rebelión de catro nobres cumanos acaecida en Vidin en 1211 (ou 1213 segundo algunhas fontes)[5]. Boril non podía enfrontarse a ela pola súa conta e non podía esperar axuda dos serbios ou dos latinos, nin das faccións divididas dos boiardos[6]. A única alternativa para Boril foi solicitar axuda a Hungría. Un exército mandado polo conde Xoaquín de Sibiu esmagou aos rebeldes e apoderouse de Vidin[2]. Boril tivo que ceder a zona de Belgrado ao Reino de Hungría como prezo polo apoio húngaro.

Política relixiosa e alianzas matrimoniais

En 1211 Boril convocou un sínodo da Igrexa na capital, Tarnovo, que conmemorou o celebrado en 1111 polo emperador Aleixo I Comneno, e do mesmo xeito, condenou aos bogomilos. Case ao mesmo tempo, Boril preparou o matrimonio da súa fillastra (filla de Kaloyan) Marija (o nome é dubidoso) con Henrique de Flandres, e enviou a Constantinopla á noiva con numerosos agasallos. Pouco despois, Boril pode haberse casado cunha filla de André II de Hungría, pero hai poucas probas desta unión. Proxectouse outro matrimonio en 1214 entre a filla de Boril e o fillo de André II, o futuro Béla IV de Hungría, pero nunca se levou a cabo.

Derrota e falecemento

A alianza co Imperio Latino, o Reino de Hungría e o Despotado de Epiro arrastraron a Boril a unha guerra contra Serbia, na que pouco puido facer, especialmente despois do asasinato do seu irmán Strez en 1215. Coa morte de Henrique en 1216 e a partida de André II á Quinta Cruzada, Boril perdeu os seus principais aliados. En 1217 ou 1218 Iván Asen, o seu primo, regresou do exilio e derrotou a Boril, quen se encerrou en Tarnovo. Despois dun cerco duns sete meses (en lugar do «sete anos» das fontes bizantinas), Boril fuxiu da capital, que se entregou a Iván Asen. Boril foi capturado durante a súa fuga, cegado e relegado a un mosteiro.

Notas

  1. Curta 2006, p. 384.
  2. 2,0 2,1 Curta 2006, p. 385.
  3. Vásáry 2005, p. 58.
  4. Van Antwerp Fine 1987, p. 97.
  5. Van Antwerp Fine 1987, pp. 99-100.
  6. Vásáry 2005, p. 385.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas