San Mamede de Bodaño é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2009 tiña 162 habitantes (85 mulleres e 77 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 182 habitantes.
Historia
A parroquia figura como "Castro Bodaño" nunha doazón ao mosteiro de Sobrado en 959. En 1159 foi incorporada por Fernando II ao coto de Carboeiro.
Patrimonio
- Igrexa de San Mamede de Bodaño, conserva restos da súa fábrica románica.
- Muíños da Eirexe, tres muíños que aproveitan a mesma auga situados na canle do regato do Chirlo.
Galería de imaxes
-
Sancristía da igrexa de Bodaño.
-
Ábsida da igrexa de Bodaño.
-
Canzorros da igrexa de Bodaño.
-
Porta da igrexa de Bodaño.
Lugares e parroquias
Lugares de Bodaño
Parroquias de Vila de Cruces
Notas
Véxase tamén
Outros artigos