Robert ("Bob") Morton Newburgh Tisdall, nado o 16 de maio de 1907 en Nuwara Eliya, Ceilán agora Sri Lanka, e finado o 27 de xullo de 2004 en Nambour, Queensland, Australia, foi un atleta irlandés que gañou unha medalla de ouro na proba de 400 metros valados nos Xogos Olímpicos de 1932, celebrados nos Ánxeles.
Tisdall criouse en Nenagh, no condado de Tipperary, en Irlanda. Só competira en seis probas de 400 metros valados cando gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1932, estabelecendo un récord mundial de 51,7 segundos, o cal non foi recoñecido baixo as regras daquela época xa que golpeara un valado. Posteriormente, pola notoriedade do incidente, as regras foron modificadas e o presidente do Comité Olímpico Internacional, Juan Antonio Samaranch, agasallou a Tisdall cun premio Waterford Crystal coa imaxe del derrubando o último obstáculo gravado no vaso. Malia que a Asociación Internacional de Federacións de Atletismo non recoñeceu o récord naquel momento, no presente si recoñecen a marca, dándolle a Tisdall o crédito do fito de ser o primeiro home en baixar dos 52 segundos.[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas