Bob Fosse (1963) |
|
Nacemento | (en) Robert Louis Fosse 23 de xuño de 1927 Chicago, Estados Unidos de América |
---|
Morte | 23 de setembro de 1987 (60 anos) George Washington University Hospital, Estados Unidos de América (en) |
---|
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
---|
Lugar de sepultura | Quogue (en) 40°48′N 72°36′O / 40.8, -72.6 |
---|
Educación | Amundsen High School (en) |
---|
|
Ocupación | director de cinema, autor, libretista, bailarín, bailarín de ballet, director teatral, guionista, actor, actor de cinema, coreógrafo, realizador |
---|
Período de actividade | 1947 - |
---|
Xénero artístico | Musical |
---|
|
Obras destacables |
Arquivos en | |
---|
|
Cónxuxe | Gwen Verdon (1960–1987), morte da persoa Joan McCracken (1952–1959), divorcio Mary Ann Niles (1949–1951), divorcio |
---|
Parella | Ann Reinking (1972–1978) Jennifer Nairn-Smith |
---|
Fillos | Nicole Fosse () Gwen Verdon |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Gwen Verdon (1926-2000) and Bob Fosse (1927-1987) (en) |
---|
|
Robert Louis "Bob" Fosse, nado en Chicago, Illinois o 23 de xuño de 1927 e finado en Washington, D.C. o 23 de setembro de 1987, foi un actor, bailarín, coreógrafo e director de cinema e de teatro estadounidense. É a única persoa que gañou no mesmo ano un Oscar, un Emmy e un Tony ao mellor director.
Traxectoria
Comezou a bailar e actuar cando era moi novo, facendo xiras pola área de Chicago e, ao ser recrutado, en bases navais do océano Pacífico.
Marchou a Nova York coa intención de converterse no novo Fred Astaire. A súa actuación coa súa primeira esposa, Mary Ann Niles, chamou a atención de Dean Martin e Jerry Lewis, conseguindo máis contratos, chegando á Metro-Goldwyn-Mayer en 1953.
Tras algunhas interpretacións en películas, comezou unha carreira coma coreógrafo en Broadway. Alí creou musicais como Sweet Charity ou Chicago.
A súa carreira coma director de cine está composta por só cinco filmes. Por tres deles conseguiu candidaturas ao oscar como mellor director, gañándoo por Cabaret. Empeza o espectáculo gañou tamén a Palma de Ouro.
Finou dun ataque ao corazón en 1987.
Obra
Véxase tamén
Ligazóns externas