Thornton gañou recoñecemento xa como membro do elenco da sitcom da CBSHearts Afire así como en filmes da década dos '90, entre os que se inclúen On Deadly Ground e Tombstone, a lenda de Wyatt Earp. A mediados desa mesma década, despois de escribir, dirixir e protagonizar o filme independente Sling Blade, gañou un Premio Oscar de Academia ao mellor guión adaptado. Apareceu máis tarde en Armageddon (1998) e A simple plan. A finais dos noventa, Thornton comezou a súa carreira como cantante e compositor, publicando tres álbums como cantante de blues.
Pringle, G (23 de setembro de 2007). "On the move: Billy Bob Thornton". Driving (Londres: The Sunday Times). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 25 de setembro de 2007.