William Harrison "Bill" Pearson, nado en Greymouth o 18 de xaneiro de 1922 e finado en Auckland o 27 de setembro de 2002, foi un escritor, ensaísta e crítico literario neozelandés.
Traxectoria
Estudou Lingua e literatura inglesa na Universidade de Canterbury, e formouse como profesor. Ensinou na escola de primaria de Blackball en 1942, experiencia que lle valeu para escribir a novela Coal Flat (1963). Logo de facer un mestrado, en 1949 foi a Londres. Doutorouse na Universidade de Londres, e en 1952 regresou ao seu país. Deu clases no departamento de inglés da Universidade de Auckland desde 1959 até a súa xubilación en 1986. Nesa etapa mantivo unha estreita relación coa comunidade universitaria do pobo maorí. Os seus ensaios e artigos sobre a literatura e sociedade de Nova Zelandia foron publicados en 1974 no volume Fretful Sleepers and Other Essays.
Dado que a homosexualidade foi ilegal no seu país até 1986, mantivo oculta a súa orientación sexual durante boa parte da súa vida.[1]
En 2010 o académico Paul Millar[2] publicou unha biografía revisada[3], co título de No Fretful Sleeper: A Life of Bill Pearson.[4]
Obra
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas