William Paxton, nado en Fort Worth (Texas) o 17 de maio de 1955 e finado nos Ánxeles (California) o 25 de febreiro de 2017, foi un actor e director estadounidense.
Traxectoria
Entre os filmes nos que apareceu cóntanse Terminator (1984), Weird Science (1985), Aliens (1986), Predator 2 (1990), Tombstone, a lenda de Wyatt Earp (1993), True Lies (1994), Apollo 13 (1995), Twister (1996), Titanic (1997), U-571 (2000), Edge of Tomorrow (2014) e Nightcrawler (2014). Paxton tamén protagonizou a serie da HBO Big Love (2006–11), sendo nomeado tres veces ós Globos de Ouro pola súa interpretación.[1] Foi nomeado ó Premio Primetime Emmy e ó Premio do Sindicato de Actores pola súa interpretación de Randolph "Randall" McCoy na miniserie da canle History Hatfields & McCoys (2012).[2][3] O derradeiro filme no que apareceu Paxton foi The Circle (2017), estreado dous meses despois da súa morte.[4]
Notas
Véxase tamén