O Beşiktaş Jimnastik Kulübü é unha entidade polideportiva da cidade de Istambul, fundada en 1903, popularmente coñecida pola súa sección profesional de fútbol que compite na Superliga de Turquía.
Considerado como un dos 3 clubs deportivos máis laureados de Turquía, mantén unha salientable rivalidade cos outros 2 grandes equipos veciños da cidade de Istambul, o Fenerbahçe SK e o Galatasaray SK. Estes son os 3 únicos equipos que disputaron tódalas edicións da Süper Lig dende a súa creación en 1956, e que lideran o palmarés da competición.
Estadio
O equipo disputa os seus encontros como local no estadio BJK İnönü, inaugurado en 1947, e remodelado por última vez en 2004, que conta con capacidade para acoller a 32.086 seareiros sentados nas bancadas. O recinto está na parte europea da cidade de Istambul, preto do Palacio de Dolmabahçe, á beira do Bósforo.
Palmarés
O Beşiktaş JK é actualmente o 3º equipo turco de fútbol máis laureado, co seguinte palmarés:
No Beşiktaş JK teñen xogado futbolistas salientables como Nihat Kahveci, Adrian Ilie, John Carew, Guti, Chemo del Solar, Christopher Nusa Ohen, Yordan Letchkov, Daniel Amokachi, Les Ferdinand, Édouard Cissé, Juanfran, Ronny Johnsen e Stefan Kuntz.
Outras seccións
O Beşiktaş Jimnastik Kulübü conta con seccións deportivas de atletismo, boxeo, xadrez, ximnasia, remo, voleibol, tenis de mesa, loita e baloncesto, senDo esta sección a segunda en importancia dentro do club.