Beyond: Two Souls é un videoxogo de drama interactivo e acción desenvolvido por Quantic Dream exclusivamente para PlayStation 3, PlayStation 4 e Microsoft Windows. Foi lanzado o 8 de outubro de 2013 en Norte América, o 9 de outubro de 2013 en Australia, o 11 de outubro de 2013 en Europa e o 17 de outubro de 2013 no Xapón.
A historia do xogo está protagonizada por Jodie Holmes, un dos dous personaxes xogables. O outro é un espírito chamado Aiden: unha alma ligada con Jodie dende o seu nacemento. Jodie é interpretada polo actor Elliot Page, que presta a súa voz e intepretación mediante a captura de movementos. Willem Dafoe coprotagoniza a historia interpretando a Nathan Dawkins, un investigador do Departamento de Actividades Paranormais, así como a figura paterna de Jodie.
Beyond: Two Souls foi presentado no Festival de Cine de Tribeca. Recibiu valoracións maioritariamente positivas por parte da crítica. As vendas do xogo chegaron a máis dun millón de copias a finais de 2013.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas