Beulah Bondi, nada como Beulah Bondy en Chicago o 3 de maio de 1889 e finada nos Ánxeles o 11 de xaneiro de 1981,[1] foi unha actriz estadounidense.[2] Comezou a súa carreira de nena no escenario e tras establecerse como actriz de teatro repetiu o papel de Street Scene para a adaptación cinematográfica de 1931. Interpretou papeis secundarios na década de 1930 e foi candidata ao Óscar en dúas ocasións. Interpretou a nai de James Stewart en catro filmes: Of Human Hearts, Vivacious Lady, Mr. Smith Goes to Washington (1939) e Que fermoso é vivir (1946).
Traxectoria
Bondi naceu en Chicago, Illinois, filla de Eva Suzanna Marble, escritores, e de Abraham O. Bondy, que traballaba en inmobiliaria.[3][4][5] A familia mudouse a Valparaiso, Indiana, cando tiña tres anos e Bondi comezou a actuar no escenario aos sete anos, interpretando a Cedric Errol nunha produción de Little Lord Fauntleroy na Memorial Opera House de Valparaiso. Graduouse da Frances Shimer Academy (posteriormente Shimer College) en 1907,[6] e obtivo graos en oratoria pola Universidade de Valparaiso en 1916 e 1918.
Debutou en Broadway na obra de Kenneth Seymour Webb One of the Family no 49th Street Theatre o 21 de decembro de 1925. A continuación apareceu noutro éxito, Saturday's Children de Maxwell Anderson en 1926. A interpretación de Bondi en Street Scene, obra gañadora do Pulitzer de Elmer Rice, estreada no Playhouse Theatre o 10 de xaneiro de 1929, a que levou a Bondi ao cinema con 43 anos. O seu debut nese medio foi con "Emma Jones" en Street Scene (1931), que protagonizou Sylvia Sidney, e en que Bondi repetiu o seu papel teatral, ao que seguiu "Mrs. Davidson" en Chuvia (1932), protagonizado por Joan Crawford e Walter Huston.
Bondi foi unha das cinco mulleres que foron nomeadas na primeira edición en que se entregou o Óscar á mellor actriz secundaria polo seu traballo en The Gorgeous Hussy, aínda que perdeu contra Gale Sondergaard. Dous anos despois volveu ser candidata por Of Human Hearts. Interpretou papeis de muller madura nos primeiros anos da súa carreira, aínda que apenas entrara na corentena. En 1940 interpretou a Mrs. Webb en Sinfonía da vida e a Granny Tucker en The Southerner, dirixido por Jean Renoir e estreado en 1945.[7]
Polas súas contribucións á industria cinematográfica, Bondi recibiu unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood en 1960. Está situada no 1718 de Vine Street.[8]
Bondi tivo a súa última aparición na pantalla en The Waltons nos capítulos "The Conflict" (setembro de 1974) e "The Pony Cart" (decembro de 1976). Recibiu un Emmy pola súa interpretación nese último capítulo. Cando dixeron o seu nome, ao principio parecía que non estaba presente, mais recibiu unha grande ovación e mentres camiña paseniño ata a tarimo, onde agradeceu ao público que a honrasen mentres aínda estaba viva.
Bondi falecu por complicacións pulmonares causadas pola rotura dunhas costelas que sufriu cando tropezou co seu gato. Tiña 91 anos.
Filmografía
Notas
- ↑ According to the State of California. California Death Index, 1940–1997. Center for Health Statistics, California Department of Health Services, Sacramento, California. At Ancestry.com
- ↑ Obituario en Variety, 21 de xaneiro de 1981.
- ↑ Nissen, A. (2007). Actresses of a Certain Character: Forty Familiar Hollywood Faces from the Thirties to the Fifties. Mcfarland & Company. p. 43. ISBN 9780786427468. Consultado o 13 de setembro de 2015.
- ↑ Thompson, D.E. (1981). Indiana Authors and Their Books, 1967-1980. Wabash College. Consultado o 13 de setembro de 2015.
- ↑ "Explore Historical Newspaper Archives Online | NewspaperARCHIVE.com". newspaperarchive.com. Consultado o 13 de setembro de 2015. [Ligazón morta][Ligazón morta]
- ↑ Shimer College (marzo de 1976). "Beulah Bondi Stars at Shimer Film Tribute". Shimer College Bulletin. p. 8.
- ↑ "Beulah Bondi", filmography, Turner Classic Movies (TCM), Turner Broadcasting System, a subsidiary of Time Warner, Inc., Nova York. Consultado o 22 de maio de 2018.
- ↑ "Hollywood Walk of Fame - Beulah Bondi". walkoffame.com. Hollywood Chamber of Commerce. Consultado o 29 de novembro de 2017.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas