Foi un dos protagonistas dunha época convulsa da Igrexa, durante a súa sede en Aviñón e tamén en Compostela. Unha das torres da catedral de Santiago, leva o seu nome xa que foi quen a mandou construír.
Traxectoria
Segundo fillo dos condes de Rodez, criouse nunha das cortes máis importantes da época, que cultivaba con grande éxito a poesía trobadoresca e demais artes. Ao imporse o morgado, viuse obrigado a pórse ao servizo da igrexa. Berenguel ascendeu rápido polas entrañas da igrexa ata facerse íntimo amigo de Xoán XXII. Chegou a ser Mestre Xeral da orde dos pregadores, organizando as misións dos monxes peregrinos.[1] Iniciou a tendencia cara ao tomismo na orde dominica[2] e loitou contra a liña de Durando de Saint-Pourçain.[3] Solicitou a Bernardo Gui que compuxese un substituto para a Lenda Dourada de Jacobus de Voragine.[4]
O 15 de xullo de 1317 foi nomeado arcebispo de Santiago de Compostela, aos 55 anos. Once meses despois emprendeu o camiño cara a Santiago para facerse cargo do seu posto. Tratou de entrar na burgo catro veces,[5] das cales tres foron emboscadas. Este planeou as tácticas de ataque no seu castelo da localidade coruñesa de Padrón e Noia aliándose con outros nobres. Até 1322, non puido tomar posesión do cargo, pois existía un rival galego.[6] Residiu algún tempo en Noia, onde celebrou un sínodo. O seu triunfo foi cruento pois, o 16 de setembro de 1320, invitou aos líderes do levantamento ao seu castelo da Rocha Forte onde foron asasinados. A seguir, decretou unha amnistía e o 26 entra en Compostela[7] e o 27 asinouse a paz.
Iniciou importantes traballos na Catedral de Santiago de Compostela, e trouxo varias reliquias.[8] Tamén semella que puido ser quen estableceu o ano xubilar pois, coincide que despois de tódolos atrancos para tomar posesión da sé episcopal, cando conseguiu celebrar a súa primeira misa solemne foi o 25 de xullo de 1322 que, casualmente, caeu en domingo.[6] Porén, os primeiros doucmentos que falan do xubileo non aparecen até 1434.[6]
Dedicóuselle unha torre da catedral compostelá, a Berenguela, utilizada primeiro como torre vixía e despois como campanario.
Se lle atribúe falsamente o Lumen animæ, seu liber moralitatum Magnarum rerum naturalium impreso en 1482 por Matthias Farinator.[9]
Notas
↑[1]: In 1312 the master general, Béranger de Landore, organized the missions of Asia into a special congregation of "Friars Pilgrims", with Franco of Perugia as vicar general. As a base of evangelization they had the convent of Pera (Constantinople), Capha, Trebizond, and Negropont. Thence they branched out into Armenia and Persia. Tamén: [2]Arquivado 10 de marzo de 2007 en Wayback Machine., [3]Arquivado 13 de agosto de 2007 en Wayback Machine..
Hechos de Don Berenguel de Landoria, Arzobispo de Santiago: Introducción, Edición Critica y Traducción (1983) Manuel C. Díaz y Díaz, tradución ao castelán da crónica Gesta Berengarii de Landoria archiepiscopi Compostellani.