Beatriz Suárez Briones, nada en Marín, é unha profesora, escritora, crítica literaria e feminista galega.
Traxectoria
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola UNED en 1991. Profesora de crítica literaria na Universidade de Vigo. Foi asesora do presidente da Xunta de Galicia en materia de xénero e dereitos civís durante o bipartito PSOE-BNG (2005-2009). Foi presidenta de Legais. Impulsora dos estudos feministas na Universidade de Vigo, dirixiu o Programa de Posgrao en Estudos de Xénero. Investiga sobre a teoría feminista e lesbiana nas súas intercesións coa teoría da sexualidade, a psicanálise e a escritura; tamén a teoría queer en relación co feminismo e os dereitos da comunidade LGTBI.
Obras
- Sextualidades, 2003.
- Las lesbianas (no) somos mujeres. En torno a Monique Wittig, Icaria, 2013.
- Feminismos lesbianos y queer.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas