Beatriz González López-Valcárcel, nada en Vigo, é unha catedrática e investigadora galega en economía da saúde.
Traxectoria
Licenciada en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Económicas pola Universidade de La Laguna[1], é profesora da Universidade das Palmas de Gran Canaria.
Foi presidenta da Asociación Española de Economía da Saúde entre 2004 e 2005, da Sección de Economía da Saúde Pública da Asociación Europea de Saúde Pública (EUPHA) entre 2011 e 2012. Foi membro do Consello Asesor de Sanidade do Ministerio de Economía de España e representante das Canarias no Comité Consultivo do Sistema Nacional de Saúde.[2] Presidenta da Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria entre 2015 e 2017.[3]
En 2011 recibiu a Cruz da Orde Civil de Sanidade e foi nomeada filla adoptiva das Palmas de Gran Canaria en 2009. En 2016, foi á súa vez nomeada filla adoptiva da Illa de Gran Canaria.
En 2017, o portal MujeresCia elixiuna entre as 100 mulleres líderes en España.
É profesora Honoris Causa pola Universidade Isalud de Buenos Aires (2015).
No 2020, forma parte do comité de expertos sobre COVID-19 do Ministerio de Ciencia e Innovación, e do comité asesor do Goberno canario.[4]
Notas