Batman Ninja (ニンジャバットマン, Ninja Battoman?) é un filme de animación xaponés-estadounidense de 2018 dirixido por Junpei Mizusaki e producido por Warner Bros. e Kamikaze Douga, cuxo protagonista é o personaxe de DC Comics Batman. Takashi Okazaki, o creador de Afro Samurai, é o deseñador de personaxes do filme. O primeiro póster promocional foi revelado o 5 de outubro de 2017, e os tráilers foron estreados o 1 de decembro de 2017.[2] O filme estreouse nos Estados Unidos en formato dixital o 24 de abril de 2018; foi estreado en formato físico o 8 de maio e nos cinemas do Xapón o 15 de xuño dese mesmo ano.[3][4] Na estrea estadounidense, os guionistas Leo Chu e Eric Garcia admitiron que reescribiron o guión a partir do orixinal en xaponés escrito por Kazuki Nakashima, creando dúas versións diferentes do mesmo filme.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas