Batman (Batman with Robin the Boy Wonder ou The Adventures of Batman) é unha serie de debuxos animados que emitiu a CBS en 1969. Consiste nunha versión de trinta minutos dunha serie do ano anterior The Batman/Superman Hour sen os segmentos de Superman nin os de Superboy. Nos episodios aparecen Batman, Robin, Batgirl e algúns dos seus inimigos clásicos. Cada episodio presentaba unha historia en dúas partes de seis minutos e medio cada unha que se combinaba con outra historia curta[1]. A Televisión de Galicia emitiu a serie en 1986, presentando cada unha desas historias como se fosen capÃtulos independentes.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas