A bandeira do Sudán (en árabe: علم السودان) foi adoptada o 20 de maio de 1970. É unha bandeira dividida en franxas horizontais do mesmo tamaño. A franxa superior é de cor vermella, a central é branca e a inferior negra. No lado máis próximo ó mastro figura un triángulo de cor verde. Ata o golpe militar encabezado por Gaafar Nimeiry que tivo lugar en 1969, a bandeira do Sudán foi de cor azul, amarelo e verde.
Outras bandeiras
-
Bandeira empregada no
Sudán Anglo-Exipcio
-
Bandeira do Gobernador Xeral Británico
-
Bandeira do Sudán dende 1956 ata 1970
-
Bandeira naval (1956–1970)
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
- Bandeiras de estados non recoñecidos ou con recoñecemento parcial
|
|