O nome do equipo fai referencia ao poema O corvo de Edgar Allan Poe, quen viviu durante moitos anos da súa vida en Baltimore. Tamén a súa mascota Poe fai referencia ao escritor, e as outras dúas mascotas, Rise e Conquer, fan tamén referencia ao poema de Poe, xa que son dous corvos vivos.
Historia
O equipo foi fundado en 1996 co troco de cidade dos Cleveland Browns. Ao principio, mantiveron a historia dos Browns, mais cando a liga aprobou a creación dun equipo de expansión para Cleveland decidiuse dar a ese novo equipo o historial dos Browns.
Ao longo da súa curta historia, os Ravens conseguiron proclamarse campións da Super Bowl nunha ocasión, concretamente no ano 2000 (XXXV), logo de derrotar aos New York Giants por 34-7 en Tampa (estado de Florida, Estados Unidos). Son ademais un dos catro únicos equipos que gañaron a Super Bowl nunha única participación.