A balneoterapia,[1][2] ou balneación,[3] (do latínbalneum, "baño", e terapia) é un conxunto de terapias ou tratamentos destinados a curar enfermidades ou a conservar a saúde que habitualmente se realizan en balnearios. Aínda que se considera distinta da hidroterapia (practicada normalmente en spas), hai varias coincidencias na súa práctica e nos seus fundamentos.
Formas de uso
A balneoterapia pódese realizar mediante inmersións en auga quente ou fría, masaxes con auga en movemento, relaxación ou estimulación. As augas minerais dos balnearios adoitan seren ricas en certos minerais (sulfatos, cloruros, carbonatos, nitratos, etc. de calcio, ferro, sodio, potasio, etc.) que se poden absorber a través da pel.
Empréganse tamén a miúdo arxilasmedicinais, cuxa práctica recibe o nome específico de fangoterapia, mentres que a balneoterapia que fai uso exclusivo de augas minerais recibe o nome específico de crenoterapia.
Entre as enfermidades para ás que está destinada a balneoterapia encóntranse a artrite, as dermatites e outras enfermidades da pel e a fibromialxia.
Verhagen, A. P.; Bierma-Zeinstra, S. M.; Boers, M.; Cardoso. J. R.; Lambeck, J.; de Bie, R. A. & de Vet, H. C. (2003): "Balneotherapy in dermatology". En Dermatologic therapy16 (2): 132-140. (Resume).