Chordeiles minor neotropicalis Selander & Alvarez del Toro, 1955
Chordeiles minor panamensis Eisenmann, 1962
Chordeiles minor sennetti Coues, 1888
Nota taxonómica
O nome específico, minor ("menor"), pode causar confusión. Orixinariamente esta especie encadrouse no xénero Caprimulgus, e é, de feito, máis pequena ca algúns outros membros dese xénero, como Caprimulgus vociferus. Porén, cando se integrou no xénero Chordeiles, resultou ser máis grande que Chordeiles acutipennis.
Características
Os adultos son escuros coa plumaxe castaña, con patróns grises e brancos no dorso e no peito; as ás, longas, son negras e mostran unha barra branca en voo. A cola é escura cunha raia cruzada branca; a parte superior das ás escuras con raia branca.
O macho adulto ten a gorxa branca; a femia ten unha gorxa de cor castaña clara.
O seu hábitat de cría é América do Norte. Normalmente aniñan no chan espido, ás veces en toros de árbores costadas ou en terrazas de area grosa. As femias poñen dous ovos directamente na terra, no hai niño. A incubación realízaa a femia e dura aproximadamente 20 días. O polo xove voa aos 20 días de idade.
Pode haber unha segunda camada na parte do sur dos Estados Unidos.
Capturan insectos ao voo, buscando alimento principalmente cerca da alba e do crepúsculo, ás veces pola noite con lúa chea ou cerca da iluminación das rúas.
A chamada normalmente é curta. O macho realiza un despregue das ás durante o cortexo, mentres emite un son.