Un bacteriostático ou axente baceriostático é un axente biolóxico ou químico que impide a reprodución das bacterias, aínda que non necesariamente as mata. Dependendo da súa aplicación, poden distinguirse os antibióticos bacteriostáticos, desinfectantes, antisépticos e conservantes. Cando se usan os antimicrobianos bacteriostáticos, a duración da terapia debe ser suficiente para permitir os mecanismos de defensa do hóspede para erradicar as bacterias. Despois da retirada do bacteriostático, as bacterias xeralmente empezan a crecer rapidamente. Isto está en contraste co efecto dos bactericidas, os cales matan as bacterias.[1]
Os bacteriostáticos úsanse a miúdo en plásticos para previr o crecemento de bacterias sobre as súas superficies. Hai plásticos que son eles mesmos bacteriostáticos.[2] Entre os bacteriostáticos usados comunmente en traballos de laboratorio están a azida de sodio (que é moi tóxica) e o tiomersal.[3]
Antibióticos bacteriostáticos
Os antibióticos bacteriostáticos limitan o crecemento das bacterias ao interferiren coa produción bacteriana de proteínas, a replicación do ADN ou outros aspectos do metabolismo celular bacteriano. Deben traballar xunto co sistema inmunitario para eliminar totalmente os microorganismos do corpo. Porén, non sempre hai unha distinción precisa entre eles e os antibióticos bactericidas, porque altas concentracións dalgúns axentes bacteriostáticos teñen tamén efectos bactericidas, mentres que baixas concentracións dalgúns bactericidas funcionan como bacteriostáticos. Este grupo[4] inclúe:
↑Pankey GA, Sabath LD (marzo de 2004). "Clinical relevance of bacteriostatic versus bactericidal mechanisms of action in the treatment of Gram-positive bacterial infections". Clin. Infect. Dis.38 (6): 864–70. PMID14999632. doi:10.1086/381972.