Bacterioclorofila a . R é un grupo fitil ou xeranilxeranil .
As bacterioclorofilas son pigmentos fotosintéticos que presentan varios tipos de bacterias fototróficas . Presentan aneis de clorina ou bacterioclorina con diversos substituíntes . Foron descubertas por C. B. van Niel en 1932. Están relacionadas coas clorofilas , que son os principais pigmentos fotosintéticos das plantas , algas , e cianobacterias . Os grupos bacterianos que conteñen bacterioclorofila realizan unha fotosíntese anoxixénica , que non produce oxixeno , na que utilizan lonxitudes de onda da luz que non absorben outros organismos fotosintéticos . Hai varios tipos de bacterioclorofilas característicos de diferentes grupos de bacterias, como se resume na táboa:
Pigmento
Grupo bacteriano
Máximo de absorción infravermella in vivo (nm)
Bacterioclorofila a
Bacterias púrpuras , Heliobacterias , Bacterias verdes do xofre , cloroflexos , Chloracidobacterium thermophilum[ 1]
805, 830-890
Bacterioclorofila b
Bacterias púrpuras
835-850, 1020-1040
Bacterioclorofila c
Bacterias verdes do xofre , cloroflexos , C. thermophilum
745-755
Bacterioclorofila cs
Cloroflexos
740
Bacterioclorofila d
Bacterias verdes do xofre
705-740
Bacterioclorofila e
Bacterias verdes do xofre
719-726
Bacterioclorofila f
Bacterias verdes do xofre (actualmente só se atopou por medio de mutacións, pero podería existir na natureza)[ 2]
700-710
Bacterioclorofila g
Heliobacterias
670, 788
As bacterioclorofilas a , b , e g son bacterioclorinas , o que significa que as súas moléculas teñen un anel macrocíclico de bacterioclorina con dous aneis pirrol reducidos (B e D). As bacterioclorofilas c , d , e , e f son clorinas , o que significa que as súas moléculas teñen un anel macrocíclico de clorina cun anel pirrol reducido (D).
Estruturas químicas comparadas da porfina , clorina , bacterioclorina , e isobacterioclorina . Nótese a recolocación do dobre enlace C=C entre os dous isómeros da bacterioclorina. Hai dous electróns π (simbolizados por π e- ) en cada dobre enlace no macrociclo .
Notas