BARTOC, siglas para Basel Register of Thesauri, Ontologies & Classifications (en galego: Rexistro de Tesauros, Ontoloxías e Clasificacións de Basel) é unha base de datos de Sistemas de Organización do Coñecemento creada na Universidade de Basel, Suíza. O seu obxectivo principal é documentar nun único punto de acceso os sistemas de organización do coñecemento (KOS) como son as clasificacións, os tesauros e os rexistros de autoridades de xeito que teñan maior visibilidade, se destaquen as súas características e poidan buscarse e compararse, fomentando que se comparta o coñecemento.
A diferenza doutros rexistros de terminoloxías, BARTOC inclúe calquera tipo de KOS de calquera área do coñecemento, en calquera lingua, sexa cal sexa o seu formato ou forma de acceso. De maneira complementaria xestiona tamén unha lista doutros rexistros terminolóxicos.[1]
A creación de BARTOC veu motivada pola necesidade de crear unha bibliografía e tamén para o ensino relacionado coa alfabetización informacional
[2] Dende a súa posta en marcha en novembro de 2013, BARTOC vén recollendo información de máis de 2 900 terminoloxías.[3]Un estudo comparativo das tipoloxías e rexistros de terminoloxías confirmou que BARTOC contiña "un volume de metadatos relativamente suficiente".[4]
A interface de busca de BARTOC está dispoñible en vinte linguas europeas e proporciona varias opcións de busca. BARTOC reúne ao seu redor un grupo de editores de toda Europa.[5] BARTOC foi aprobado pola International Society for Knowledge Organization e coordina o seu desenvolvemento técnico co proxecto coli-conc.[6][2] O sitio web de BARTOC website e a base de datos están baseadas en Drupal. Os seus contidos son accesibles baixo dominio público grazas á licenza de (PDDL).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas