Os azucres ácidos son monosacáridos que levan un grupo carboxilo (COOH), que se orixina pola oxidación dalgún dos grupos orixinais OH ou aldehido[1]. Segundo en que parte da molécula se produza esta oxidación distinguimos varios tipos de azucres ácidos.
Tipos e exemplos
As principais clases de azucres ácidos son:
Ácidos aldónicos, nos cales o grupo aldehido dunha aldosa foi oxidado formando un grupo carboxilo [2]. Son exemplos de ácidos aldónicos os seguintes:
Outros azucres ácidos son o ácido murámico e o ácido N-acetilmurámico, nos que o grupo COOH non está unido directamente a un carbono do anel do azucre.
Nas imaxes seguintes, as formas liñais dos catro tipos de azucres ácidos mencionados.