Ayoze Díaz Díaz, nado en San Cristóbal de la Laguna (Santa Cruz de Tenerife) o 25 de maio de 1982, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.
Traxectoria
Iniciouse no fútbol no equipo do seu barrio, o Geneto, onde foi adestrado polo seu pai. Anos máis tarde o CD Tenerife fíxase nel e o incorpora nas súas categorías inferiores, debutando co CD Tenerife B na campaña 1999–00 e posteriormente no primeiro equipo.
Posteriormente, o xogador canario recalou no Racing de Santander en xullo de 2003 firmando por cinco tempadas. O seu debut foi contra o Ciudad de Murcia, equipo ao que foi cedido durante a tempada 2006–07. Rematou o seu contrato co Racing o 30 de xuño de 2008, e foi contratado polo RCD Mallorca o 5 de xullo dese mesmo ano.[1]
O 22 de xuño de 2011 anunciouse a súa contratación polo Deportivo da Coruña por tres tempadas.[2] O 2 de setembro de 2013 rescindiu o seu contrato co Deportivo, logo de 41 partidos co conxunto coruñés.[3]
En 2018 obtivo a licenza de adestrador UEFA Pro tras asistir ao curso da Federación Española, onde tivo como profesor ao futuro seleccionador e campión da Eurocopa Luis de la Fuente.[4]
Palmarés
- Deportivo
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Campión de Segunda División – 9.º ascenso a Primeira División |
|