A Unión Deportiva Lanzarote é un club de fútbol de España, radicado na cidade de Arrecife, en Lanzarote (Canarias). Foi fundado en 1970 e xoga no grupo XII da Terceira División Española.
Escudo
O escudo do Lanzarote é similar ao do cabido da illa, coa mesma forma e un balón de fútbol no centro coas letras UD a ambos os dous lados.
- Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón azul e medias vermellas.
- Uniforme suplente: Camiseta branca, pantalón branco e medias azuis.
O patrocinador que loce na camiseta é Opel Orvecame nos partidos de casa e a illa de Lanzarote nos de fóra.
Mascota
Historicamente a mascota do equipo foi "De la Piña", unha piña vestida co uniforme do club. A mediados da década dos 2000 deixa de usarse esta mascota.
Para a tempada 2009-2010 créase unha nova mascota: "Sarotín", trátase dun coello (con certo parecido a Bugs Bunny), vestido coas cores do club. A elección dun coello vén polo topónimo coloquial de conejeros aos habitantes de Lanzarote.
Estadio
O estadio do Lanzarote é a Ciudad Deportiva de Lanzarote, antigo Avendaño Porrúa, fundado en 1968 e cunha capacidade para 7.000 persoas, compartido co outro equipo da cidade, Orientación Marítima. O céspede artificial é de última generación, e está homologado pola FIFA. As dimensións son de 100 x 65 metros.
Datos do club
- Socios: 700
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 10
- Tempadas en 3ª: 18
- Tempadas en Rexional: 15
- Mellor posto na liga: 1º (2ªB, tempada 03-04)
- Peor posto na liga: 17º (2ªB, tempada 99-00)
Xogadores
Cadro actual
Palmarés
Torneos nacionais
Torneos amigables
Véxase tamén
Ligazóns externas