Os axentes de transferencia de xenes ou ATX (ou, en inglés, GTA, de gene transfer agent, sigla que se utilizará neste artigo) son partículas similares a virus que conteñen ADN producidas por algunhas bacterias e arqueas que interveñen na transferencia horizontal de xenes. En varias liñaxes de bacterias e arqueas orixináronse distintos tipos destes axentes de transferencia de xenes de forma independente a partir de virus. Estes procariotas producen partículas de axentes de transferencia de xenes que conteñen segmentos curtos do ADN presente na célula. Unha vez que as partículas se liberan da célula que as produce, poden adherirse a células relacionadas e inxectar o seu ADN no seu citoplasma. Este ADN pode despois converterse en parte do xenoma da célula receptora.[1][2][3][4]
Descubrimento dos axentes de transferencia de xenes
O primeito sistema GTA descubriuse en 1974, cando cultivos mesturados de cepas de Rhodobacter capsulatus producían unha alta frecuencia de células con novas combinacións de xenes.[5] O factor responsable era distinto dos mecanismos xa coñecidos de transferencia de xenes por ser independente do contacto coas células, insensible á desoxirribonuclease e non estar asociado coa produción de fagos. Debido á función que se lle supoñía foron denominados axentes de transferencia de xenes ou GTA (polas súas siglas en inglés), agora RcGTA. Máis recentemente descubríronse outros sistemas de transferencia de xenes ao incubar medio de cultivo filtrado (libre de células) cunha cepa xeneticamente distinta.[3]
Xenes GTA e evolución
Os xenes que especifican os GTA derivan de ADN de bacteriófagos (fagos) que se integrou no cromosoma do hóspede. Ditos profagos adoitan adquirir mutacións que os fan defectivos e incapaces de producir partículas de fagos. Moitos xenomas bacterianos conteñen un ou máis profagos defectivos que sufriron mutacións e delecións máis ou menos grandes. Os axentes de transferencia de xenes, como profagos defectivos, orixínanse por mutacións de profagos, pero conservan xenes funcionais para os compoñentes da cabeza e cola da partícula do fago (xenes estruturais) e os xenes para o empaquetado do ADN. Os xenes do fago que especifican a súa regulación e a replicación do ADN foron normalmente eliminados, e a expresión da agrupación ou cluster de xenes estruturais está baixo o control de sistemas regulatorios celulares. Adoitan estar presentes tamén xenes adicionais que contribúen á produción ou captación de GTA e están situados noutros lugares do cromosoma. Algúns destes xenes teñen funcións regulatorias e outros contribúen directamente á produción de GTA (por exemplo os xenes de lise derivados de fagos) ou á captación e recombinación (por exemplo a produción de cápsulas na superficie celular e proteínas de transporte de ADN). Estes xenes asociados a GTA están a miúdo baixo regulación coordinada co cluster de xenes GTA principal.[6] As proteínas de lise celular derivadas de fagos (holinas e endolisinas) debilitan despois a parede celular e a membrana celular, o que permite que a célula explote e libere as partículas GTA. O número de particulas GTA producidas por cada célula non se coñece.
Algúns sistemas GTA parecen ser adicións recentes aos xenomas do hóspede, mais outros levan nos seus hóspedes moitos millóns de anos. Nos casos nos que se fixeron estudos de diverxencia de secuencias (análises dN/dS), observouse que os xenes foron mantidos nas células por selección natural da función proteica (é dicir, as versións defectivas están sendo eliminadas).[7][8]
Porén, a natureza desta selección non está clara. Aínda que o descubrimento dos GTA asumía que a función destas partículas era a transferencia de xenes, os beneficios que se supón produce a transferencia de xenes están asociados cun custo substancial para a poboación. A maioría destes custos orixínanse porque as células produtoras de GTA deben sufrir lise (explotan) para liberar as súas partículas GTA, pero hai tamén custos xenéticos asociados con facer novas combinacións de xenes, porque a maioría das novas combinacións normalmente serán menos apropiadas que a combinación orixinal.[9] Unha explicación alternativa é que os xenes GTA persisten porque os GTA son parasitos xenéticos que se espallan de maneira infecciosa a novas células. Porén, isto está descartado porque as partículas GTA son tipicamente demasiado pequenas para conter os xenes que as codifican. Por exemplo, o principal cluster RcGTA (véxase máis adiante) ten unha lonxitude de 14 kb, pero as partículas RcGTA poden conter como máximo 4–5 kb de ADN.
Non se fixeron cribados da maioría das bacterias para detectar a presenza de GTAs, e seguramente haberá moitos máis sistemas GTA que aínda están sen descubrir. Aínda que os estudos baseadas no ADN de xenes relacionados con GTA atoparon homólogos en moitos xenomas, a súa interpretación está dificultada pola dificultade que hai para distinguir os xenes que codifican GTAs dos xenes ordinarios de profagos.[7][8]
Produción de GTA
En cultivos de laboratorio, a produción de GTAs está normalmente maximizada para condicións de crecemento determinadas que inducen a transcrición de xenes GTA; a maioría dos GTAs non están inducidos polos tratamentos que danan o ADN que causan a indución de moitos profagos. Mesmo en condicións de máxima indución só unha pequena fracción dos cultivos produce GTAs, xeralmente menos do 1%.[10][11]
Os pasos seguidos na produción de GTA derivan dos pasos na infección de fagos. Os xenes estruturais son os primeiros que se transcriben e traducen e as proteínas ensámblanse formando as cabezas inicialmente baleiras e colas separadas. A maquinaria de empaquetado do ADN empaqueta despois o ADN dentro das cabezas, cortando o ADN cando a cabeza xa está chea, unindo a cola á cabeza e despois pasando o extremo do ADN acabado de crear a unha nova cabeza baleira. A diferenza dos xenes de profagos, os xenes que codifican GTAs non son escindidos do xenoma e replicados para o empaquetamento en partículas GTA. Os dous GTAs mellor estudados (RcGTA e BaGTA) empaquetan aleatoriamente todo o ADN da célula, sen que haxa unha sobrerrepresentación nel de xenes que codifican GTAs.[10][12] O número de partículas GTA producidas por cada célula non se coñece.
Transdución mediada por GTA
Que as partículas GTA orixinen a transferencia do ADN a novos xenomas depende de varios factores. Primeiro, as partículas deben sobrevivir no ambiente natural e sábese pouco disto, aínda que se informou que as partículas son bastante inestables en condicións de laboratorio.[13] Segundo, as partículas deben encontrar células receptoras axeitadas e unirse a elas, xeralmente membros da mesma especie ou de especies moi emparentadas. Igual que os fagos, os GTAs únense a proteínas específicas ou estruturas de carbohidratos da superfice da célula receptora antes de inxectaren o seu ADN. A diferenza dos fagos, os GTAs que foron ben estudados parecen inxectar o seu ADN só a través da primeira das dúas membranas que rodean o citoplasma de moitas células bacterianas receptoras e usan un sistema diferente, derivado da competencia e non derivado de fago, para transportar unha febra do ADN bicatenario a través da membrana interna cara ao citoplasma.[14][15]
Se a maquinaria de reparación recombinacional da célula encontra unha secuencia cromosómica moi similar á do ADN entrante, substitúe o anterior por este último por medio de recombinación homóloga, mediada pola proteína celular RecA. Se as secuencias non son idénticas isto producirá unha célula cunha nova combinación xenética. Non obstante, se o ADN entrante non está esteitamente relacionado con secuencias de ADN da célula, será degradado e a célula reutilizará os seus nucleótidos para a replicación normal do ADN.
Sistemas GTA específicos
RcGTA (Rhodobacter capsulatus)
O GTA producido pola alfaproteobacteriaRhodobacter capsulatus, o cal se denomina RcGTA (GTA de R. capsulatus), é hoxe o GTA mellor estudado. Cando cultivos de laboratorio de R. capsulatus entran en fase estacionaria, algunhas das poboacións bacterianas inducen a produción de RcGTA, e as partículas son seguidamene liberadas da célula por lise celular.[11] A maioría dos xenes estruturais do RcGTA están codificados nun cluster xenético de ~ 15 kb do cromosoma bacteriano. Porén, cómpren tamén outros xenes para o funcionamento do RcGTA, como os xenes necesarios para a lise da célula, que están situados separadamente.[2][16] As partículas RcGTA conteñen fragmentos de ADN de 4,5 kb.
En R. capsulatus é onde se estudou mellor a regulación da produción de GTA, onde un sistema de percepción do quórum e un CtrA-phosphorelay[17] controlan a expresión non só do cluster xénico principal RcGTA senón tamén dun sistema de lise celular holina/endolisna, das espículas das partículas da cabeza, así como dunha proteína de adhesión (posiblemente fibras da cola) e da cápsula e dos xenes de procesamento do ADN necesarios para a función receptora do RcGTA. Un proceso estocástico non caracterizado limita adicionalmente a expresión do cluster xénico a só 0,1-3% das células.
Clusters similares a RcGTA encontráronse nun gran subclado de alfaproteobacterias, aínda que estes xenes parece que frecuentemente se perderon por deleción. Recentemente, varios membros da orde Rhodobacterales demostraron producir partículas funcionais de tipo RcGTA. Grupos de xenes con homoloxía co RcGTA están presentes nos cromosomas de varios tipos de alfaproteobacterias.[7]
DsGTA (Dinoroseobacter shibae)
Dinoroseobacter shibae, igual que R. capsulatus, é un membro da orde Rhodobacterales, e os seus GTA teñen un antepasado común e moitas características do RcGTA, incluíndo a organización do xene, o empaquetamento de fragmentos curtos de ADN (4,2 kb) e a regulación por percepción do quórum e por un CtrA-phosphorelay.[18] Porén, a súa maquinaria de empaquetamento do ADN ten moita máis especificidade, e suxeriuse que pode iniciar preferentemente o empaquetado en puntos específicos do xenoma. O ADN do maior cluster xénico de DsGTA é escasamente empaquetado.
BaGTA (Bartonella species)
As especies do xénero Bartonella pertencen ás Alphaproteobacteria igual que R. capsulatus e D. shibae, pero o BaGTA non está relacionado co RcGTA ou o DsGTA.[19] As partículas BaGTA son máis grandes que as RcGTA e conteñen fragmentos de ADN de 14 kb. Aínda que esta capacidade podería en principio permitir que o BaGTA se empaquetase e transmitise o seu cluster GTA de 14 kb, as medidas de cobertura do ADN mostran unha reducida cobertura do cluster. Unha rexión adxacente de alta cobertura pénsase que se debe á replicación local do ADN.[12]
VSH-1 (Brachyspira hyodysenteriae)
Brachyspira é un xénero de espiroquetas no que varias especies teñen clusters de xenes homólogos de GTA. As partículas conteñen fragmentos de ADN de 7,5 kb. A produción de VSH-1 é estimulada polo axente que dana o ADN mitomicina C e por algúns antibióticos. Está tamén asociado cunha lise celular detectable, o que indica que unha fracción substancial do cultivo pode estar producindo VSH-1.[20]
Methanococcus voltae é unha arquea. O seu GTA transfire fragmentos de ADN de 4,4 kb, pero non se determinaron máis características.[21]
Notas
↑Lang AS, Westbye AB, Beatty JT (September 2017). "The Distribution, Evolution, and Roles of Gene Transfer Agents in Prokaryotic Genetic Exchange". Annual Review of Virology4 (1): 87–104. PMID28784044. doi:10.1146/annurev-virology-101416-041624.
↑ 3,03,1Stanton TB (April 2007). "Prophage-like gene transfer agents-novel mechanisms of gene exchange for Methanococcus, Desulfovibrio, Brachyspira, and Rhodobacter species". Anaerobe13 (2): 43–9. PMID17513139. doi:10.1016/j.anaerobe.2007.03.004.
↑Grüll MP, Mulligan ME, Lang AS (October 2018). "Small extracellular particles with big potential for horizontal gene transfer: membrane vesicles and gene transfer agents". FEMS Microbiology Letters365 (19). PMID30085064. doi:10.1093/femsle/fny192.
↑Westbye AB, Beatty JT, Lang AS (August 2017). "Guaranteeing a captive audience: coordinated regulation of gene transfer agent (GTA) production and recipient capability by cellular regulators". Current Opinion in Microbiology38: 122–129. PMID28599143. doi:10.1016/j.mib.2017.05.003.
↑ 8,08,1Tamarit D, Neuvonen MM, Engel P, Guy L, Andersson SG (February 2018). "Origin and Evolution of the Bartonella Gene Transfer Agent". Molecular Biology and Evolution35 (2): 451–464. PMID29161442. doi:10.1093/molbev/msx299.
↑ 10,010,1Hynes AP, Mercer RG, Watton DE, Buckley CB, Lang AS (July 2012). "DNA packaging bias and differential expression of gene transfer agent genes within a population during production and release of the Rhodobacter capsulatus gene transfer agent, RcGTA". Molecular Microbiology85 (2): 314–25. PMID22640804. doi:10.1111/j.1365-2958.2012.08113.x.
↑Un phosphorelay, é dicir, fosforrelevo, é un sistema formado por encimas con varios dominios xunto con outros encimas adicionais, que se van fosforilando, pasándose os fosfatos uns a outros (relévanse), como os das histidina quinases bacterianas.
Isotop utama oksigen Isotop Peluruhan kelimpahan waktu paruh (t1/2) mode produk 16O [99,738%, 99,776%] stabil 17O [0,0367%, 0,0400%] stabil 18O [0,187%, 0,222%] stabil Berat atom standar Ar°(O)[15,99903, 15,99977]15,999±0,001 (diringkas)[1]lihatbicarasunting Oksigen (8O) memiliki tiga isotop stabil: 16O, 17O, dan 18O. Isotop radioaktif oksigen mulai dari 11O hingga 28O juga telah dikarakterisasi, semuanya berumur pendek. Radioisotop yan...
Season of television series Champs vs. ProsPresented byVictor CruzNo. of contestants20Winners Cara Maria Sorbello Darrell Taylor LocationLos Angeles, California No. of episodes6ReleaseOriginal networkMTVOriginal releaseMay 16 (2017-05-16) –June 20, 2017 (2017-06-20)Season chronologyNext →Champs vs. Stars The Challenge: Champs vs. Pros is a special mini-series of MTV's long-running reality game show, The Challenge. In the six-week event, ten Challenge greats competed ag...
Artikel ini tidak memiliki referensi atau sumber tepercaya sehingga isinya tidak bisa dipastikan. Tolong bantu perbaiki artikel ini dengan menambahkan referensi yang layak. Tulisan tanpa sumber dapat dipertanyakan dan dihapus sewaktu-waktu.Cari sumber: Wanua – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTOR Dalam bahasa Minahasa Kawanua sering di artikan sebagai penduduk negeri atau wanua-wanua yang bersatu atau Mina-Esa (Orang Minahasa). Kata Kawanu...
The Heritage ARC - Uttar Pradesh TourismLocationAgra district, Lucknow district, Varanasi district, Uttar Pradesh, IndiaTypeEnsemble of memorable sitesLengthapprox. 645 km (400 miles)Site notesWebsiteOfficial website The Uttar Pradesh Heritage Arc is a triangulation network stretching from Agra to Lucknow and Varanasi in India, covering an area of approximately 700 km. History The idea was conceived by the Government of Uttar Pradesh under the leadership of then Chief Minister of Uttar ...
Australian politician The HonourableNgaree Ah KitMLAAh Kit in 2015Minister for Corporate and Digital Development, International Education, Disabilities and Multicultural AffairsIncumbentAssumed office 23 May 202213th Speaker of the Northern Territory Legislative AssemblyIn office20 August 2020 – 23 May 2022DeputyMark Turner (2020–21)Joel Bowden (2021–2022)Preceded byChansey PaechSucceeded byMark MonaghanMember of the Northern Territory Legislative Assemblyfor KaramaIncumben...
Canadian-British television and film production company Fireworks EntertainmentFormerlySkyVision Entertainment (1991-1994)SkyVision Partners (1994-1996)Fireworks Pictures (1996-2005)IndustryTelevision and film production and distributionFounded1991; 33 years ago (1991)FounderBrian K. RossDefunctMarch 14, 2011FateName changed to Content TelevisionSuccessorKew Media GroupQuiver EntertainmentHeadquartersOriginally Canada then United Kingdom from 2005Key peopleJay FirestoneParen...
Bahasa Gaya Kaya, Karak, Kara Dituturkan diKonfederasi GayaWilayahSemenanjung KoreaEraabad ke-5 hingga ke-7 Rumpun bahasatidak terklasifikasi, kemungkinan Japonik? atau Koreanik? Kode bahasaISO 639-3zraLINGUIST ListzraGlottologTidak adaQIDQ5528695 Status konservasi Punah EXSingkatan dari Extinct (Punah)Terancam CRSingkatan dari Critically endangered (Terancam Kritis) SESingkatan dari Severely endangered (Terancam berat) DESingkatan dari Devinitely endangered (Terancam) VUSingkatan dari V...
Galaxy in the constellation Andromeda NGC 995Pan-STARRS image of NGC 995Observation data (J2000 epoch)ConstellationAndromedaRight ascension02h 38m 32.05009s[1]Declination+41° 31′ 45.3471″[1]Redshift0.01339[2]Heliocentric radial velocity3987 km/s[2]Distance177.7 Mly (54.49 Mpc)[3]Apparent magnitude (B)14.9[2]CharacteristicsTypeS0[2]Other designationsUGC 2118, MCG +07-06-044, PGC 10008[2] N...
Gunung Elbrus Gunung Elbrus (bahasa Rusia: Эльбрус) merupakan sebuah gunung di Rusia, dekat perbatasan Georgia. Gunung ini terletak di bagian selatan di negara itu. Gunung ini memiliki ketinggian 5.642 m (18.510 kaki) dan merupakan gunung terbesar di Rusia. Orang pertama yang mendaki di gunung itu ialah Florence Crauford Grove, Frederick Gardner, Horace Walker, Peter Knubel, dan Ahiya Sottaiev pada tahun 1874. Pranala luar Mount Elbrus on CHEBANDA Diarsipkan 2018-12-25 di Wayback M...
Disambiguazione – Se stai cercando altri significati, vedi Circoscrizione (disambigua). Questa voce o sezione sull'argomento diritto amministrativo non cita le fonti necessarie o quelle presenti sono insufficienti. Puoi migliorare questa voce aggiungendo citazioni da fonti attendibili secondo le linee guida sull'uso delle fonti. Le divisioni amministrative del mondo Una circoscrizione è una parte definita di territorio di uno Stato, entro i cui confini è limitata la competenza di un...
1958 book by John F. Kennedy First edition cover A Nation of Immigrants (ISBN 978-0-06-144754-9) is a 1958 book on American immigration by then U.S. Senator John F. Kennedy of Massachusetts. The name of the book is a reference to the fact that the United States is a country whose population is predominantly made up of immigrants and their recent descendants, who settled the country following the European colonization of the Americas and the establishment of the Thirteen Colonies. History...
American football player (born 1993) American football player Marcus MariotaMariota with the Atlanta Falcons in 2022No. 0 – Washington CommandersPosition:QuarterbackPersonal informationBorn: (1993-10-30) October 30, 1993 (age 30)Honolulu, Hawaii, U.S.Height:6 ft 4 in (1.93 m)Weight:222 lb (101 kg)Career informationHigh school:Saint Louis (Honolulu)College:Oregon (2011–2014)NFL draft:2015 / Round: 1 / Pick: 2Career history Tennessee Titans ...
Sawi. Sawi adalah sekelompok tumbuhan dari genus Brassica yang dimanfaatkan daun atau bunganya sebagai bahan pangan (sayuran),[1] baik segar maupun diolah. Sawi mencakup beberapa spesies Brassica yang kadang-kadang mirip satu sama lain. Di Indonesia penyebutan sawi biasanya mengacu pada sawi hijau (Brassica rapa kelompok parachinensis, yang disebut juga sawi bakso, caisim, atau caisin). Selain itu, terdapat pula sawi putih (Brassica rapa kelompok pekinensis, disebut juga petsai) yang ...
تاريخ سينما الجزائر مديد يعود إلى البدايات الأولى للسينما العالمية. فلقد كانت الجزائر مسرحا للسينماتوغراف منذ نشأته في أواخر القرن التاسع عشر، إذ كلف الأخوان لوميير المصور (فيليكس مسغش) بتصوير مشاهد من الجزائر. مرت السينما الجزائرية بعد الاستقلال بمرحلتين مهمتين من حيث ا...
Traditional clothing of Romanians Part of a series on theCulture of Romania History Timeline ancient Prehistoric Romania Dacia Roman Dacia Early Middle Ages Middle Ages Early Modern Era United Principalities Kingdom World War I Greater Romania World War II Communist Romania Revolution Since 1989 People Languages Traditions Dress Humour Mythology and folklore Characteristics Characters Cuisine Dishes Salads Cheeses Desserts Drinks Festivals Music festivals Religion Eastern Orthodox Roman Catho...
يقدر خط التاريخ الدولي بحوالى 180 °. خط التاريخ الدولي (بالإنجليزية: International Date Line) هو خط وهمي على سطح الكرة الأرضية، منه يبدأ اليوم، وإليه ينتهي، ويمر على خط طول 180° عن مدينة غرينتش البريطانية، مع تعرج ناحية اليمين، أو اليسار؛ لتفادي الجُزر المأهولة بالسكان بقدر الإمكان، وي...
2023 Russian crewed spaceflight to the ISS Soyuz MS-24Soyuz MS-24 approaching the ISSNamesISS 70SMission typeCrewed mission to ISSOperatorRoscosmosCOSPAR ID2023-143A SATCAT no.57862Websiteen.roscosmos.ruMission duration203 days, 15 hours and 33 minutes Spacecraft propertiesSpacecraftSoyuz MS No.755Spacecraft typeSoyuz MSManufacturerRSC Energia CrewCrew size3MembersLoral O'HaraLaunchingOleg KononenkoNikolai ChubLandingOleg NovitskyMarina VasilevskayaCallsignAntares Start of miss...
Human settlement in WalesPontrhydyfenWelsh: Pont-rhyd-y-fenY Bont Fawr AqueductPontrhydyfenLocation within Neath Port TalbotPopulation830 OS grid referenceSS793942Principal areaNeath Port TalbotPreserved countyWest GlamorganCountryWalesSovereign stateUnited KingdomPost townPORT TALBOTPostcode districtSA12Dialling code01639PoliceSouth WalesFireMid and West WalesAmbulanceWelsh UK ParliamentNeath List of places UK Wales Neath Port Talbot 51°38′02�...