A avelaiona dos urais (Strix uralensis) é unha especie da familia das Estríxidas.
Morfoloxía
Ave cun disco facial moi marcado e agrisado. Plumaxe branca con pintas marróns. Salientan os ollos completamente negros e o peteiro amarelo pálido. Trátase dunha especie que tolera a presenza humana. As parellas son monógamas de por vida e non adoitan abandonar o seu territorio.
Reprodución
Aproveita os niños abandonados doutras especies ou cría en covas. A posta oscila entre 3 e 4 ovos, sendo chocados unicamente pola femia.
Nutrición
Depreda roedores de todo tipo. Tamén aves, ata o tamaño de pombas ou corvos. Esporadicamente tamén caza anfibios e insectos.
Nicolai, Jürgen (1995). Everest, ed. Aves rapaces diurnas y nocturnas : identificar, clasificar y proteger las aves rapaces de Europa. Madrid. p. 157.(en castelán)