Augusto Escarpizo Lorenzana

Modelo:BiografíaAugusto Escarpizo Lorenzana
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Otero de Escarpizo, España Editar o valor en Wikidata
Mortesetembro de 1906 Editar o valor en Wikidata
Xaén, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCangas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, farmacéutico, tradutor Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioA. Escarpizo Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosSarah Lorenzana Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4579720 BUSC: lorenzana-augusto-e

Augusto Escarpizo Lorenzana, nado na localidade de Otero de Escarpizo, no concello de Villaobispo de Otero (León) e finado en Xaén en setembro de 1906,[1] foi un farmacéutico e xornalista español.

Traxectoria

Funcionario da Administración pública, farmacéutico e perito agrimensor. Instalouse en Pontevedra como farmacéutico e despois foi oficial da Delegación de Facenda (1866). En Pontevedra foi redactor de El Alerta e dirixiu o semanario La Revista (1867-1868) e o periódico La Crónica (1872). En 1878 formaba parte da xunta local de primeiro ensino de Cangas. En 1893 publicou en Pontevedra Geografía astronómica, física y política de la Provincia de Pontevedra. Mercou unha botica e instalouse en Vigo na última década do século XIX. En 1900 foi nomeado oficial da Delegación de Facenda de Cuenca,[2] e despois trasladouse co mesmo posto a Xaén.

Recoñecementos

Recibiu a Cruz de Carlos III.

Vida persoal

Casou con Elisa Couto Salcedo e foi pai de Augusto e Sara Escarpizo Couto (Sarah Lorenzana).

Notas

  1. Necrolóxica en La Correspondencia Gallega, 29-9-1906, p. 3.
  2. El Diario de Pontevedra, 29-11-1900, p. 2.

Véxase tamén

Ligazóns externas