Asp (acrónimo de Atmospheric Sounding Projectile) foi a denominación dun modelo de foguete sonda estadounidense usado entre 1955 e 1963.
Características
Asp foi deseñado pola Armada dos Estados Unidos de América para recoller mostras dos fungos atómicos resultantes das probas nucleares. Foi desenvolto pola Cooper Development Corporation e tras varias probas no polígono de White Sands usáronse durante as probas nucleares da operación Redwing. Máis tarde sería usado como etapa superior, xunto unha primeira etapa Nike, para investigar a atmosfera superior e facer estudos solares.
O Asp lanzábase desde un monorraíl de inclinación variable e levaba un transmisor de telemetría cun peso de entre 9 e 11 kg no morro. As aletas do Asp levaban bengalas para facilita-lo seguimento do foguete.[1]
Variantes
Asp Apache
O Asp Apache consistiu nun foguete sonda cunha primeira etapa Asp e unha segunda etapa Apache, chegando a alcanzar 120 km de altura. Só se lanzou un modelo, o 15 de novembro de 1961.
Notas
- ↑ Andreas Parsch (2006). "Asp" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2011.
- Mark Wade (2011). "Asp" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2011.
- Mark Wade (2011). "Asp Apache" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2012.
Véxase tamén
Outros artigos