O asedio de Barcelona foi unha operación militar central dentro da Guerra de Cataluña, derradeiro episodio hispánico da Guerra de Sucesión Española, entre o 25 de xullo de 1713 e o 11 de setembro de 1714. Malia que Barcelona xa fora asediada nesa mesma guerra uns anos antes, no Asedio de Barcelona (1706) - implicando a tropas das grandes potencias, durante a Guerra de Cataluña, os exércitos estranxeiros foran evacuados. Neste conflito enfrontáronse os defensores de Barcelona, compostos pola Coronela, o exército regular catalán con tropas procedentes do resto de territorios da Coroa de Aragón, e soldados doutros territorios que apoiaban a Carlos VI. O asedio foi proposto polo duque de Popoli, inicialmente máis como un bloqueo con aires de terrorismo bombardeiro, e non como un asalto propiamente dito, xa que agardaba a rendición por esgotamento da cidade. En xullo de 1713, a entrada en xogo dun exército proveniente do Reino de Francia para apoiar o exército español, provocado polo cambio de dirección militar cara ó Duque de Berwick, decantou severamente o devir do asedio, converténdose nun asalto de trincheiras e minas nas murallas. Moi superados en número, e completamente rodeados de soldados borbónicos, os defensores foron totalmente eliminados.
Véxase tamén
Bibliografía
- Albertí, Santiago (2006). L'Onze de Setembre. Barcelona: Albertí. ISBN 84-7246-079-7. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 03 de outubro de 2015.
- Bosch, Alfred (2002). 1714. Barcelona.
- Casassas, Josep Maria (1931). Rafael Casanova. Barcelona: Barcino.
- Castellví i Obando, Francesc de (ca. 1749). Narraciones históricas desde el año 1700 hasta el año 1725 (en castelán). Copia na Biblioteca de Catalunya.