As do hóckey (en catalán: Les de l'hoquei) é unha serie de televisión catalá producida por Televisió de Catalunya e Brutal Media e estreada o 29 de abril de 2019.[1] É o resultado do traballo de fin de grao de catro estudantes de Comunicación Audiovisual da Universidade Pompeu Fabra: Laura Azemar, Ona Anglada, Natàlia Boadas e Marta Vivet.[2][3] Presentaron o proxecto no Pitching Audiovisual do Clúster Audiovisual de Cataluña e espertou o interese de varias produtoras catalás, entre elas Brutal Media, que levou a cabo o seu desenvolvemento.[3][4]
As do hóckey foi galardoada co premio CIMA á igualdade no FesTVal. Netflix engadiuno ao seu catálogo mundial en setembro de 2019.[5] Estreouse dobrada en galego na plataforma AGalega da TVG.[6]
Personaxes
O resto do elenco está composto por:[9]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos